#SomosMás, unha iniciativa polo respecto e a diversidade |

O propio Consello de Europa deixa clara a necesidade e prioridade dos Estados membros de adoptar as medidas oportunas para poñerlles coto a estes fenómenos e iniciar camiños estratéxicos comúns. O desenvolvemento de Internet nos últimos anos abriu un vehículo para a creación de discursos, expresións e asociación das novas xeracións.

Mozos e adultos fan súa esta iniciativa.

Temos o obxectivo de promover un compromiso activo da mocidade para a eliminación da radicalización violenta e do discurso do odio, e que sirva como xermolo dun amplo movemento social contra este tipo de manifestacións.

Redes sociais + mozos + discurso do odio |

Loading...

Preguntas frecuentes |

Sobre a iniciativa

O odio e o radicalismo violento son dous dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos non só no ámbito europeo, senón tamén a nivel mundial. O propio Consello de Europa deixa clara a necesidade e prioridade dos Estados membros de adoptar as medidas oportunas para impedir estes fenómenos e iniciar camiños estratéxicos comúns.

A campaña «Contra o odio e o radicalismo (violento) Somos Máis» ten precisamente este obxectivo: previr e sensibilizar sobre o discurso do odio e a radicalización violenta, e realízase en colaboración con: o Ministerio de Xustiza; o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado de Seguridade e CITCO); o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (CNIIE); o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración e OBERAXE); o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade), Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism), FeSP-UGT a través de Aula Intercultural, a ONG Jóvenes y Desarrollo e Google, a través da iniciativa global YouTube Creators for Change.
Somos Máis divídese en 2 eixes de traballo principais:

  1.  Formación: obradoiros dirixidos a máis de 28.000 mozos e mozas nas escolas e centros de todo o país, que inclúen o desenvolvemento de material didáctico e xogos de rol para facilitar a comprensión por parte de alumnos, pais e mestres.
  2.  Sensibilización: campaña de comunicación que incluirá, entre outras cousas, colaboracións con creadores que axudarán a amplificar as mensaxes positivas a través dos seus vídeos a partir de 2018.
Queremos que todas as persoas teñan a posibilidade de participar e expresar que Somos Máis contra o odio e o radicalismo. Con ese fin, invitamos a todos a que suban unha autofoto do revés para que todo o mundo lle demos a volta ao comportamento en redes sociais e compartan a súa autofoto usando os cancelos #DaleLaVuelta e #SomosMás, e reten aos seus amigos.

Queremos que todas as persoas teñan a posibilidade de participar e expresar que Somos Máis contra o odio e o radicalismo. Con ese fin invitámolos a que representen o concepto de “Somos Máis” a través do debuxo dun “+1” na palma da súa man e compartan a súa foto, vídeo ou GIF baixo o hashtag #yomesumo, ou ben fagan uso dos GIF e recursos xa dispoñibles na web do proxecto para difundir a mensaxe.

Agardamos que esta iniciativa teña unha boa acollida por parte da sociedade en xeral, ademais de polos mozos (organizacións, outras institucións, expertos, etc.) e sirva como vehículo de prevención e sensibilización ante retos globais tan importantes como o racismo, a xenofobia, a radicalización, o sexismo e a homofobia.

Porque cremos que están sensibilizados e comprometidos na loita contra o discurso do odio e que cada un deles, desde o seu lugar, ten moito que achegar. Ademais, a súa participación será de grande axuda para amplificar a mensaxe á sociedade, especialmente entre a xente máis nova.

A campaña Somos Máis lévase a cabo coa colaboración de YouTube, o Goberno de España (especificamente a través do Ministerio de Xustiza, o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado de Seguridade e CITCO); o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa); o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración e OBERAXE); e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, a través do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e de INJUVE); Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism); FeSP-UGT (Aula Intercultural) e a ONG Jóvenes y Desarrollo.

Todas as partes implicadas contribuíron á realización do proxecto. No que ao aporte financeiro se refire, este provén de Google.org e destinouse ao desenvolvemento da identidade visual, contidos e materiais de difusión da campaña de Somos Más.

Non ofrecemos os detalles do investimento realizado neste tipo de proxectos.

Tódolos actores involucrados en Somos Máis estamos comprometidos na loita contra o odio e a radicalización violenta e cremos que podemos desempeñar un papel importante na tarefa de concienciar e sensibilizar a mocidade, co obxectivo de previr este tipo de fenómenos e promover unha maior tolerancia, respecto e integración na rede.

Cremos que este tipo de iniciativas son fundamentais porque axudan a
concienciar sobre algúns dos maiores retos aos que nos enfrontamos como sociedade a nivel mundial desde un enfoque de prevención, fomentando a tolerancia, o respecto e a integración.

Somos conscientes da complexidade da materia, que require dunha análise e un traballo profundos, de gran alcance e a longo prazo, pero estamos convencidos de que Somos Máis é un paso firme nesa dirección.

Sobre os Ministerios e as organizacións implicadas

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social e, no seu nome, a Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración a través do Observatorio Español do Racismo e a Xenofobia (OBERAXE) encárganse da recompilación e a análise da información sobre racismo e xenofobia para o coñecemento da situación e a súa evolución, da promoción do principio de igualdade de trato e non discriminación, da loita contra o racismo e a xenofobia e da coordinación e colaboración con organismos públicos e privados nacionais e internacionais.

O Ministerio coordinou a elaboración da «Estratexia Integral do Goberno contra o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e outras formas conexas de intolerancia», que foi aprobada polo Consello de Ministros e serve de marco de acción aos axentes públicos e privados vencellados coa prevención e a loita contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia.

A Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración coordina ademais o Comité de Seguimento do Convenio Marco de Cooperación e Colaboración Interinstitucional co Poder Xudicial e outros ministerios do Goberno implicados na promoción de accións contra o racismo e a xenofobia.

Representa a España na Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA), na Oficina de Institucións Democráticas e Dereitos Humanos (ODHIR) da OSCE e no Grupo de Alto Nivel da Comisión Europea, no que coordina o seguimento da implantación en España do código de conduta subscrito polas empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) e a Comisión Europea.

Ministerio de Xustiza

O compromiso do Ministerio de Xustiza na loita contra o discurso do odio foi un dos eixes destacados da reforma que se realizou no Código Penal e outras leis, situando a España na vangarda a nivel de tipificación penal na loita contra os delitos de odio.
Ademais, o Ministerio de Xustiza, a través da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións e a Fundación Pluralismo e Convivencia, asume un papel proactivo na tarefa de promover a liberdade relixiosa a través da cooperación coas confesións, especialmente con aquelas con recoñecemento de notorio arraigamento en España orientando a súa labor cara á normalización da diversidade relixiosa e a creación dun marco de convivencia axeitado.
O Ministerio de Xustiza nomeou tamén un punto de contacto para o seguimento do adecuado cumprimento por parte das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) do código de conduta subscrito coa Comisión Europea co fin de combater a narrativa terrorista e o discurso do odio en Internet.

CITCO

O Plan Estratéxico Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta (PEN-LCRV), aprobado en 2015, que elaborou o Ministerio do Interior a través do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO) coa colaboración de tódolos ministerios e outras institucións.

A busca do respecto e o entendemento común mediante a prevención de tódolos tipos de radicalismo violento apostando pola formación en valores e a sensibilización da sociedade, prestando especial atención aos colectivos vulnerables, como a mocidade.

No marco do plan creouse o denominado Grupo Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta (GN-LCRV) como único órgano nacional competente na implantación do PEN-LCRV. O GN-LCRV está coordinado por CITCO a través da Secretaría de Estado de Seguridade (SES) e contempla a creación dos Grupos Locais de Loita contra a Radicalización Violenta (GL-LCRV) para abordar a prevención desde o eido local e baixo un prisma multidisciplinar.

Que se trata dun plan integral, de consenso, eficiente e que atende a tódolos tipos de radicalismos violentos, sexa cal sexa a fase na que se atopen os procesos de radicalización. Comprende medidas concretas para aplicar en diferentes espazos e tempos e é versátil, posto que se adapta segundo as necesidades que vaian xurdindo, prestando especial atención aos colectivos vulnerables.

INJUVE

O Instituto da Xuventude (INJUVE) é un organismo autónomo do Ministerio de Sanidade,
Servizos Sociais e Igualdade orientado á promoción entre a mocidade dos valores de solidariedade, igualdade de oportunidades e respecto á diferenza que deben rexer a convivencia na nosa sociedade. Esta vocación está presente na actividade do INJUVE a través de diferentes programas e actuacións, como os programas de intercambios e mobilidade internacional, información xuvenil, promoción do asociacionismo xuvenil e outros que se desenvolven en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas, os concellos e as asociacións xuvenís.

No terreo específico da loita contra os radicalismos violentos e o discurso do odio, o INJUVE vén impulsando en España a campaña do Consello de Europa «No Hate», para a prevención da intolerancia e do discurso do odio en Internet. Xunto co INJUVE, colaboran como impulsores desta campaña o Consello da Xuventude de España (CJE) e a ONG Movimiento contra la Intolerancia.

Acerca de YouTube

En liñas xerais, tódolos vídeos que se cargan en YouTube deben cumprir as normas da comunidade, que, entre outras cousas, prohiben contido que incite á violencia ou promova o discurso do odio, infrinxa dereitos de autor ou mostre nudez explícita. Estas políticas implántanse con sumo coidado, revisando caso a caso o contido notificado pola comunidade e retirando o que non cumpre as políticas.
Adicionalmente, o programa YouTube Contributors permite a determinados usuarios e organizacións denunciar o contido de varios vídeos asemade. Este programa creouse porque notamos que a algúns usuarios dábaselles moi ben identificar contido inapropiado —adoitaban denuncialo de forma habitual e coñecían perfectamente a política de YouTube á hora de facelo— , así que se decidiu proporcionarlles unha maneira para que puidesen realizar esta tarefa de forma masiva máis doadamente e, ademais, poder dar prioridade ás súas denuncias.
Para ampliar esta información e coñecer outras medidas que estamos a tomar para combater o discurso do odio en YouTube, fai clic aquí.

As normas da comunidade tamén son extensivas aos comentarios nos vídeos. Os usuarios poden notificar comentarios inapropiados tanto nos seus propios vídeos como en vídeos de terceiros a través desta ferramenta. Tamén se ofrecen ferramentas para que os propietarios dun vídeo ou unha canle poidan administrar os comentarios, tanto moderándoos, eliminando comentarios puntuais ou directamente inhabilitando a opción de facelos.

Existen políticas claras para loitar contra o discurso do odio e o contido que incite á violencia en YouTube. Os vídeos que violan estas políticas elimínanse en canto alguén os denuncia. Máis aló disto, sabemos que a mellor forma de previr o odio e o extremismo é traballando de forma colaborativa, polo que se manteñen conversacións frecuentes con comunidades, gobernos e outros grupos para valorar como se pode traballar de forma conxunta para combater estas ameazas. Somos Máis, unha iniciativa que se enmarca dentro da iniciativa global YouTube Creators for Change, é un exemplo delo.

Tendo en conta que se cargan 480 horas de vídeo por minuto en YouTube, é imposible previsualizar todo ese contido antes de que estea dispoñible na plataforma. O método máis efectivo é apelar á comunidade de máis de mil millóns de usuarios e contar con eles para denunciar o contido que consideren que viola as normas da comunidade. YouTube revisa o máis rápido posible os vídeos denunciados e, se acha evidencias de que violan as políticas, elimínaos decontado.

Existe un código moi estrito no que a publicidade se refire e pódese deixar de servir publicidade nun determinado vídeo ou canle se se considera que o seu contido non é apropiado para os nosos anunciantes.

Acerca do discurso do odio

Difusión de expresións que propugnen, promovan ou fomenten o menosprezo, o odio ou a difamación dunha persoa ou grupo de persoas, así como calquera acoso, insulto ou ameaza por parte dunha persoa ou persoas e calquera xustificación de todas esas formas de expresión baseada, entre outras características persoais, na raza, o color, o idioma, a relixión ou as crenzas, a nacionalidade ou orixe nacional ou étnico, así como a ascendencia, idade, discapacidade, sexo, xénero, identidade de xénero e orientación sexual.

Partindo do obxectivo estratéxico e os fins marcados no PEN-LCRV, a radicalización concíbese como o proceso en virtude do cal un individuo asume un comportamento, idea ou opinión con carácter radical, extremista ou inflexible, o que implica afianzarse nunha postura extrema ou intolerante. Desta forma, por radicalización violenta, debemos entender que se trata do fenómeno polo que os individuos se adhiren a opinións, puntos de vista e ideas que xustifican utilitaria e moralmente a violencia, podéndoos levar a cometer actos terroristas, tal e como recolle a definición adoptada pola Comisión Europea no ano 2005.

Cando os usuarios observen este tipo de comportamentos deben denuncialos. En primeira instancia, deben notificar a existencia de contido inapropiado para que se poida someter a revisión. No caso de YouTube é moi sinxelo denunciar o contido.
Neste marco, convén lembrar que a Comisión Europea firmou un código de conduta con empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) para combater a narrativa terrorista e o discurso do odio en Internet, fomentando unha visión crítica dos cidadáns contra o extremismo, especialmente entre os mozos.

O proceso para denunciar este tipo de contidos en YouTube descríbese nesta ligazón. No caso doutras plataformas, adoitan contar cos seus propios mecanismos de denuncia.

Participantes na iniciativa

Preguntas frecuentes |

Sobre la iniciativa

El odio y el radicalismo violento son dos de los retos más importantes a los que nos enfrentamos no solo en el ámbito europeo, sino a nivel mundial. El propio Consejo de Europa deja clara la necesidad y prioridad de los Estados miembros de adoptar las medidas oportunas para poner coto a estos fenómenos e iniciar caminos estratégicos comunes.

La campaña “Somos Más, contra el odio y el radicalismo” tiene precisamente este objetivo: prevenir y sensibilizar sobre el discurso del odio y la radicalización violenta y se realiza con la colaboración con: el Ministerio de Justicia; el Ministerio del Interior (Secretaría de Estado de Seguridad y CITCO); el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (CNIIE); el Ministerio de Empleo y Seguridad Social (Secretaría General de Inmigración y Emigración y OBERAXE); el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad), la Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism), FeSP-UGT a través de Aula Intercultural, la ONG Jóvenes y Desarrollo y Google, a través de la iniciativa global YouTube Creators for Change.

Somos Más se divide en 2 ejes de trabajo principales:

  1. Formación: talleres dirigidos a más de 28.000 chicos y chicas en escuelas y centros de todo el país que incluyen el desarrollo de material didáctico y juegos de rol para facilitar la comprensión por parte de alumnos, padres y profesores.
  2. Sensibilización: campaña de comunicación que incluirá, entre otras cosas, colaboraciones con creadores que ayudarán a amplificar mensajes positivos a través de sus vídeos a partir de 2018.

La campaña está dirigida principalmente a jóvenes de entre 14 y 20 años de edad de todo el país. Asimismo, en la página web del proyecto estarán disponibles gran variedad de materiales con el fin de alcanzar también a padres, tutores, escuelas y otros actores importantes en el ámbito educativo.

Queremos que todas las personas tengan la posibilidad de participar y expresar que, Somos Más contra el odio y el radicalismo. Para ello les invitamos a que representen el concepto de “Somos Más” a través del dibujo de un “ +1” en la palma de su mano y compartan su foto, vídeo o gif bajo el hashtag #yomesumo, o bien, hagan uso de los gifs y recursos ya disponibles en la web del proyecto para difundir el mensaje.

Esperamos que esta iniciativa tenga buena acogida por parte de la sociedad en general, además de los jóvenes (organizaciones, otras instituciones, expertos, etc) y sirva como vehículo de prevención y sensibilización ante retos globales tan importantes como el racismo, la xenofobia, la radicalización, el sexismo y la homofobia.

Creemos que estos creadores están sensibilizados y comprometidos en la lucha contra el discurso del odio y que, cada uno desde su lugar,  tienen mucho que aportar. Además, su participación será de gran ayuda a la hora de amplificar el mensaje a la sociedad, especialmente entre los más jóvenes.

La campaña Somos Más se realiza con la colaboración de YouTube, el Gobierno de España (específicamente a través del Ministerio de Justicia, el Ministerio del Interior (Secretaría de Estado de Seguridad y CITCO); el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa); el Ministerio de Empleo y Seguridad Social (Secretaría General de Inmigración y Emigración y OBERAXE); y el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad, a través del Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades y de INJUVE); la Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism); FeSP-UGT (Aula Intercultural) y la ONG Jóvenes y Desarrollo.

Todas las partes implicadas han contribuido a la realización del proyecto. En lo que al aporte financiero se refiere, este proviene de YouTube y ha sido destinado al desarrollo de la identidad visual, contenidos y materiales de difusión de la campaña Somos Más.

No ofrecemos detalles de inversión realizada en este tipo de proyectos.

Todos los actores involucrados en Somos Más estamos comprometidos en la lucha contra el odio y la radicalización violenta y creemos que podemos cumplir un papel importante en la tarea de concienciar y sensibilizar a los jóvenes, con el fin de prevenir este tipo de fenómenos y promover una mayor tolerancia, respeto e integración en la red.

Creemos que este tipo de iniciativas son de fundamental importancia ya que ayudan a concienciar sobre algunos de los mayores retos que enfrentamos como sociedad a nivel mundial. Y ello desde un enfoque de prevención, fomentando la tolerancia, el respeto y la integración.

Somos conscientes de la complejidad de la materia, que requiere de un análisis y trabajo profundo, de gran alcance y a largo plazo, pero estamos convencidos que Somos Más es un paso firme en esa dirección.

Sobre los Ministerios y organizaciones implicadas

Ministerio de Empleo y Seguridad Social

El Ministerio de Empleo y Seguridad Social y en su nombre la Secretaría General de Inmigración y Emigración a través del Observatorio Español del Racismo y la Xenofobia (OBERAXE) ejerce las funciones de recopilación y análisis de la información sobre racismo y xenofobia para el conocimiento de la situación y su evolución; de promoción del principio de igualdad de trato y no discriminación y de lucha contra el racismo y la xenofobia y de coordinación y colaboración con organismos públicos y privados nacionales e internacionales.

Coordinó la elaboración de la “Estrategia Integral del Gobierno contra el racismo, la discriminación racial, la xenofobia y otras formas conexas de intolerancia” aprobada por el Consejo de Ministros y que sirve de marco de acción a los agentes públicos y privados vinculados con la prevención y lucha contra el racismo, la xenofobia y otras formas de intolerancia.

La Secretaria General de Inmigración y Emigración coordina además el Comité de Seguimiento del Convenio Marco de cooperación y colaboración interinstitucional con el Poder Judicial y otros ministerios del Gobierno implicados en la promoción de acciones contra el racismo y la xenofobia.

Representa a España en la Agencia Europea de Derechos Fundamentales (FRA), en la Oficina de Instituciones democráticas y Derechos Humanos (ODHIR) de la OSCE y en el Grupo de Alto Nivel de la Comisión Europea. En este último coordina el seguimiento de la implementación en España del Código de Conducta suscrito por las empresas de tecnologías de la información y de la comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook y Twitter) y la Comisión Europea.

Ministerio de Justicia

El compromiso del Ministerio de Justicia en la lucha contra el discurso del odio, ha sido uno de los ejes destacados de la reforma operada en el Código Penal y otras leyes lo que ha situado a España a la vanguardia a nivel de tipificación penal en la lucha contra los delitos de odio.

Además, el Ministerio de Justicia, a través de la Dirección General de Cooperación Jurídica Internacional y Relaciones con las Confesiones así como por medio de la Fundación Pluralismo y Convivencia, asume un papel proactivo en la tarea de promover la libertad religiosa a través de la cooperación con las confesiones, especialmente aquellas con reconocimiento de notorio arraigo en España siempre orientando su labor a la normalización de la diversidad religiosa y a la creación de un adecuado marco de convivencia.

A su vez, el Ministerio de Justicia ha nombrado un punto de contacto para el seguimiento del adecuado cumplimiento por parte de las empresas de las tecnologías de la información y de la comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook y Twitter) del Código de Conducta suscrito con la Comisión Europea y cuya finalidad es combatir la narrativa terrorista y el discurso del odio en Internet.

CITCO

El Plan Estratégico Nacional de Lucha contra la Radicalización Violenta (PEN-LCRV), aprobado en 2015, y que fue elaborado por el Ministerio del Interior, a través del Centro de Inteligencia contra el Terrorismo y el Crimen Organizado (CITCO) con la colaboración de todos los Ministerios, y otras Instituciones.

La búsqueda del respeto y del entendimiento común mediante la prevención de todos los tipos de radicalismo violento, y apostando por la formación en valores y la sensibilización de la sociedad, prestando especial atención a los colectivos vulnerables, como los jóvenes.

En el marco del Plan se creó el denominado Grupo Nacional de Lucha contra la Radicalización Violenta (GN-LCRV) como único órgano nacional competente en la implementación del PEN-LCRV, y coordinado por CITCO a través de la Secretaría de Estado de Seguridad (SES). Asimismo, contempla la creación de los Grupos Locales de Lucha contra la Radicalización Violenta (GL-LCRV) para abordar la prevención desde el ámbito local y bajo un prisma multidisciplinar.

Que es un Plan integral, consensuado, eficiente y que atiende a todos los tipos de radicalismos violentos, sea cual sea la fase en la que los procesos de radicalización se encuentren. Comprende medidas concretas para aplicar en diferentes espacios y tiempos. Es versátil, pues se adapta según las necesidades que surjan, y presta especial atención a los colectivos vulnerables.

INJUVE

El Instituto de la Juventud (INJUVE) es un organismo autónomo del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, cuya labor está orientada a la promoción entre la juventud de los distintos valores de solidaridad, igualdad de oportunidades y respeto a la diferencia que deben regir la convivencia en nuestra sociedad. Esta vocación está presente en la actividad del INJUVE a través de diferentes programas y actuaciones, como los programas de intercambios y movilidad internacional, información juvenil, promoción del asociacionismo juvenil y otros que se desarrollan en colaboración con los organismos de juventud de las CCAA, con ayuntamientos y con asociaciones juveniles.

En el terreno específico de la lucha contra los radicalismos violentos y el discurso de odio, el INJUVE viene impulsando en España la campaña del Consejo de Europa “No Hate”, de prevención de la intolerancia y del discurso de odio en Internet. Junto al INJUVE, colaboran como impulsores de la esta campaña el Consejo de la Juventud de España (CJE) y la ONG Movimiento contra la Intolerancia.

Sobre YouTube

En líneas generales, todos los vídeos que se suben a YouTube deben cumplir con las normas de la comunidad, que, entre otras cosas, prohíben contenido que incita a la violencia o promueve el discurso del odio, infringe derechos de autor o muestra desnudez explícita. Estas políticas se implementan con sumo cuidado, revisando el contenido que es notificado por la comunidad caso a caso y retirando el contenido que no cumple las políticas. Adicionalmente, el programa YouTube Contributors permite a determinados usuarios y organizaciones denunciar el contenido de varios videos a la vez. Este programa se creó porque hemos notado que ciertos usuarios son muy buenos identificando contenido inapropiado — solían denunciarlo de forma habitual y conocían perfectamente la política de YouTube a la hora de hacerlo– así que se decidió proporcionarles una forma más fácil para que ellos puedan realizar esta tarea de forma masiva y, al mismo tiempo, poder priorizar sus denuncias.

Para ampliar esta información y conocer otras medidas que estamos tomando para combatir el discurso del odio en YouTube haz clic aquí.

Las normas de la comunidad también son extensivas a los comentarios en los vídeos. Los usuarios pueden notificar comentarios inapropiados tanto en sus propios vídeos como en vídeos de terceros a través de esta herramienta. Se ofrecen también herramientas para que los propietarios de un vídeo o canal puedan administrar los comentarios, ya sea moderándolos, eliminando comentarios puntuales o directamente inhabilitando la opción de hacer comentarios.

Existen políticas claras para luchar contra el discurso del odio y contra el contenido que incite a la violencia en YouTube. Se eliminan los videos que violan dichas políticas en cuanto son denunciados. Más allá de esto, sabemos que la mejor manera de prevenir el odio y el extremismo es trabajando de forma colaborativa, por lo que se mantienen conversaciones frecuentes con comunidades, gobiernos y otros grupos para valorar cómo poder trabajar conjuntamente a la hora de combatir estas amenazas. Somos Más, una iniciativa que se enmarca dentro de la iniciativa global YouTube Creators for Change, es ejemplo de ello.

Teniendo en cuenta que se suben a YouTube 480 horas de vídeo por minuto, es imposible pre-visualizar todo ese contenido antes de que esté disponible en la plataforma. El método más efectivo es apelar a la comunidad de más de mil millones de usuarios y se cuenta con ellos para denunciar el contenido que consideren viola las normas de la comunidad. Por parte de YouTube, se revisan lo más rápido posible los vídeos que son denunciados y si efectivamente, se encuentran evidencias de que violan las políticas, se eliminan de forma inmediata.

Existe un código muy estricto en cuanto a publicidad se refiere y se puede dejar de servir publicidad en un determinado vídeo o canal si se considera que el contenido de los mismos no es apropiado para nuestros anunciantes.

Sobre el discurso del odio

Difusión de expresiones que propugnen, promuevan o inciten el menosprecio, odio o difamación de una persona o grupo de personas así como cualquier acoso, insulto o amenaza de dicha persona o personas y cualquier justificación de todas esas formas de expresión que esté basada, entre otras características personales, por la raza, el color, el idioma, la religión o creencias, nacionalidad u origen nacional o étnico, así como su ascendencia, edad, discapacidad, sexo, género, identidad de género y orientación sexual.

Partiendo del objetivo estratégico y fines marcados en el PEN-LCRV, la radicalización se concibe como aquel proceso en virtud del cual un individuo asume un comportamiento, idea u opinión, que tome carácter radical, extremista o inflexible, lo que implica afianzarse en una postura extrema o intolerante. De esta forma, por radicalización violenta, debemos entender que se trata de aquel fenómeno en virtud del cual los individuos se adhieren a opiniones, puntos de vista e ideas que justifican utilitaria y moralmente la violencia, pudiendo llevarles a cometer actos terroristas, tal y como recoge la definición adoptada por la Comisión Europea en el año 2005.

Cuando los usuarios observan este tipo de comportamientos, hay que denunciarlos. En primera instancia, deben notificar la existencia de contenido inapropiado para que pueda ser objeto de revisión. En el caso de YouTube la denuncia de contenido es muy sencillo. En este marco, conviene recordar que la Comisión Europea ha firmado un Código de Conducta con empresas de las tecnologías de la información y de la comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook y Twitter), para combatir la narrativa terrorista y el discurso del odio en Internet, fomentando una visión crítica de los ciudadanos contra el extremismo, especialmente entre los jóvenes.

El proceso para denunciar este tipo de contenidos en YouTube se describe en este enlace. En el caso de otras plataformas, suelen contar con sus propios mecanismos de denuncia.

Participantes en la iniciativa