Que é Somos Máis?

É unha iniciativa para sensibilizar e previr contra a radicalización violenta e o discurso do odio. Con ese obxectivo, o noso proxecto une dous eidos esenciais, a educación na aula e o uso de lnternet, co fin de amplificar o respecto, a tolerancia e a diversidade.

Quiénes somos 2017-10-25T08:18:42+00:00

¿Que é Somos Máis?

É unha iniciativa para sensibilizar e previr contra a radicalización violenta e o discurso do odio. Con ese obxectivo, o noso proxecto une dous eidos esenciais, a educación na aula e o uso de lnternet, co fin de amplificar o respecto, a tolerancia e a diversidade.

Somos Máis, unha iniciativa polo respecto e a diversidade

O discurso do odio e a radicalización son dous dos retos da sociedade actual. O propio Consello de Europa deixa clara a necesidade e prioridade dos Estados membros de adoptar as medidas oportunas para impedir estes fenómenos e iniciar camiños estratéxicos comúns.

O desenvolvemento de Internet nos últimos anos abriu un vehículo para a creación de discursos, a expresión e a asociación das novas xeracións. O emprego que os mozos fan de Internet e das redes sociais en particular está transformando non só a súa maneira de se relacionar senón tamén as súas experiencias e formas de pensar. Por primeira vez son os máis novos os que toman a iniciativa.

A liberdade de expresión non ampara a radicalización violenta nin os discursos de odio |

Esta iniciativa ten o obxectivo de promover un compromiso activo dos mozos na eliminación da radicalización violenta e o discurso do odio, servindo como xermolo dun amplo movemento social contra este tipo de manifestacións.

Preguntas frecuentes |

Sobre a iniciativa

O odio e o radicalismo violento son dous dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos non só no ámbito europeo, senón tamén a nivel mundial. O propio Consello de Europa deixa clara a necesidade e prioridade dos Estados membros de adoptar as medidas oportunas para impedir estes fenómenos e iniciar camiños estratéxicos comúns.

A campaña «Contra o odio e o radicalismo (violento) Somos Máis» ten precisamente este obxectivo: previr e sensibilizar sobre o discurso do odio e a radicalización violenta, e realízase en colaboración con: o Ministerio de Xustiza; o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado de Seguridade e CITCO); o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (CNIIE); o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración e OBERAXE); o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade), Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism), FeSP-UGT a través de Aula Intercultural, a ONG Jóvenes y Desarrollo e Google, a través da iniciativa global YouTube Creators for Change.
Somos Máis divídese en 2 eixes de traballo principais:

  1.  Formación: obradoiros dirixidos a máis de 28.000 mozos e mozas nas escolas e centros de todo o país, que inclúen o desenvolvemento de material didáctico e xogos de rol para facilitar a comprensión por parte de alumnos, pais e mestres.
  2.  Sensibilización: campaña de comunicación que incluirá, entre outras cousas, colaboracións con creadores que axudarán a amplificar as mensaxes positivas a través dos seus vídeos a partir de 2018.

A campaña está dirixida principalmente a mozos de entre 14 e 20 anos de idade de todo o país. Ademais, na páxina web do proxecto estarán dispoñibles gran variedade de materiais co obxectivo de chegar tamén a pais, titores, escolas e outros actores importantes no eido educativo.

Agardamos que esta iniciativa teña unha boa acollida por parte da sociedade en xeral, ademais de polos mozos (organizacións, outras institucións, expertos, etc.) e sirva como vehículo de prevención e sensibilización ante retos globais tan importantes como o racismo, a xenofobia, a radicalización, o sexismo e a homofobia.

A campaña Somos Máis lévase a cabo coa colaboración de YouTube, o Goberno de España (especificamente a través do Ministerio de Xustiza, o Ministerio do Interior (Secretaría de Estado de Seguridade e CITCO); o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa); o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración e OBERAXE); e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, a través do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e de INJUVE); Red Aware (Alliance of Women Against Radicalization and Extremism); FeSP-UGT (Aula Intercultural) e a ONG Jóvenes y Desarrollo.

Tódalas partes implicadas contribuíron á realización do proxecto. No que se refire á achega financeira, esta provén de YouTube e destinouse ao desenvolvemento da identidade visual e dos contidos e materiais de difusión da campaña Somos Máis.

Non ofrecemos os detalles do investimento realizado neste tipo de proxectos.

Tódolos actores involucrados en Somos Máis estamos comprometidos na loita contra o odio e a radicalización violenta e cremos que podemos desempeñar un papel importante na tarefa de concienciar e sensibilizar a mocidade, co obxectivo de previr este tipo de fenómenos e promover unha maior tolerancia, respecto e integración na rede.

Cremos que este tipo de iniciativas son fundamentais porque axudan a
concienciar sobre algúns dos maiores retos aos que nos enfrontamos como sociedade a nivel mundial desde un enfoque de prevención, fomentando a tolerancia, o respecto e a integración. Somos conscientes da complexidade da materia, que require dunha análise e un traballo profundos, de gran alcance e a longo prazo, pero estamos convencidos de que Somos Máis é un paso firme nesa dirección.

Somos conscientes da complexidade da materia, que require dunha análise e un traballo profundos, de gran alcance e a longo prazo, pero estamos convencidos de que Somos Máis é un paso firme nesa dirección.

Sobre os Ministerios e as organizacións implicadas

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social e, no seu nome, a Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración a través do Observatorio Español do Racismo e a Xenofobia (OBERAXE) encárganse da recompilación e a análise da información sobre racismo e xenofobia para o coñecemento da situación e a súa evolución, da promoción do principio de igualdade de trato e non discriminación, da loita contra o racismo e a xenofobia e da coordinación e colaboración con organismos públicos e privados nacionais e internacionais.

O Ministerio coordinou a elaboración da «Estratexia Integral do Goberno contra o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e outras formas conexas de intolerancia», que foi aprobada polo Consello de Ministros e serve de marco de acción aos axentes públicos e privados vencellados coa prevención e a loita contra o racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia.

A Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración coordina ademais o Comité de Seguimento do Convenio Marco de Cooperación e Colaboración Interinstitucional co Poder Xudicial e outros ministerios do Goberno implicados na promoción de accións contra o racismo e a xenofobia.

Representa a España na Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRA), na Oficina de Institucións Democráticas e Dereitos Humanos (ODHIR) da OSCE e no Grupo de Alto Nivel da Comisión Europea, no que coordina o seguimento da implantación en España do código de conduta subscrito polas empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) e a Comisión Europea.

Ministerio de Xustiza

O compromiso do Ministerio de Xustiza na loita contra o discurso do odio foi un dos eixes destacados da reforma que se realizou no Código Penal e outras leis, situando a España na vangarda a nivel de tipificación penal na loita contra os delitos de odio.
Ademais, o Ministerio de Xustiza, a través da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións e a Fundación Pluralismo e Convivencia, asume un papel proactivo na tarefa de promover a liberdade relixiosa a través da cooperación coas confesións, especialmente con aquelas con recoñecemento de notorio arraigamento en España orientando a súa labor cara á normalización da diversidade relixiosa e a creación dun marco de convivencia axeitado.
O Ministerio de Xustiza nomeou tamén un punto de contacto para o seguimento do adecuado cumprimento por parte das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) do código de conduta subscrito coa Comisión Europea co fin de combater a narrativa terrorista e o discurso do odio en Internet.

CITCO

O Plan Estratéxico Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta (PEN-LCRV), aprobado en 2015, que elaborou o Ministerio do Interior a través do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO) coa colaboración de tódolos ministerios e outras institucións.

A busca do respecto e o entendemento común mediante a prevención de tódolos tipos de radicalismo violento apostando pola formación en valores e a sensibilización da sociedade, prestando especial atención aos colectivos vulnerables, como a mocidade.

No marco do plan creouse o denominado Grupo Nacional de Loita contra a Radicalización Violenta (GN-LCRV) como único órgano nacional competente na implantación do PEN-LCRV. O GN-LCRV está coordinado por CITCO a través da Secretaría de Estado de Seguridade (SES) e contempla a creación dos Grupos Locais de Loita contra a Radicalización Violenta (GL-LCRV) para abordar a prevención desde o eido local e baixo un prisma multidisciplinar.

Que se trata dun plan integral, de consenso, eficiente e que atende a tódolos tipos de radicalismos violentos, sexa cal sexa a fase na que se atopen os procesos de radicalización. Comprende medidas concretas para aplicar en diferentes espazos e tempos e é versátil, posto que se adapta segundo as necesidades que vaian xurdindo, prestando especial atención aos colectivos vulnerables.

INJUVE

O Instituto da Xuventude (INJUVE) é un organismo autónomo do Ministerio de Sanidade,
Servizos Sociais e Igualdade orientado á promoción entre a mocidade dos valores de solidariedade, igualdade de oportunidades e respecto á diferenza que deben rexer a convivencia na nosa sociedade. Esta vocación está presente na actividade do INJUVE a través de diferentes programas e actuacións, como os programas de intercambios e mobilidade internacional, información xuvenil, promoción do asociacionismo xuvenil e outros que se desenvolven en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas, os concellos e as asociacións xuvenís.

No terreo específico da loita contra os radicalismos violentos e o discurso do odio, o INJUVE vén impulsando en España a campaña do Consello de Europa «No Hate», para a prevención da intolerancia e do discurso do odio en Internet. Xunto co INJUVE, colaboran como impulsores desta campaña o Consello da Xuventude de España (CJE) e a ONG Movimiento contra la Intolerancia.

Acerca de YouTube

En liñas xerais, tódolos vídeos que se cargan en YouTube deben cumprir as normas da comunidade, que, entre outras cousas, prohiben contido que incite á violencia ou promova o discurso do odio, infrinxa dereitos de autor ou mostre nudez explícita. Estas políticas implántanse con sumo coidado, revisando caso a caso o contido notificado pola comunidade e retirando o que non cumpre as políticas.
Adicionalmente, o programa YouTube Contributors permite a determinados usuarios e organizacións denunciar o contido de varios vídeos asemade. Este programa creouse porque notamos que a algúns usuarios dábaselles moi ben identificar contido inapropiado —adoitaban denuncialo de forma habitual e coñecían perfectamente a política de YouTube á hora de facelo— , así que se decidiu proporcionarlles unha maneira para que puidesen realizar esta tarefa de forma masiva máis doadamente e, ademais, poder dar prioridade ás súas denuncias.
Para ampliar esta información e coñecer outras medidas que estamos a tomar para combater o discurso do odio en YouTube, fai clic aquí.

As normas da comunidade tamén son extensivas aos comentarios nos vídeos. Os usuarios poden notificar comentarios inapropiados tanto nos seus propios vídeos como en vídeos de terceiros a través desta ferramenta. Tamén se ofrecen ferramentas para que os propietarios dun vídeo ou unha canle poidan administrar os comentarios, tanto moderándoos, eliminando comentarios puntuais ou directamente inhabilitando a opción de facelos.

Existen políticas claras para loitar contra o discurso do odio e o contido que incite á violencia en YouTube. Os vídeos que violan estas políticas elimínanse en canto alguén os denuncia. Máis aló disto, sabemos que a mellor forma de previr o odio e o extremismo é traballando de forma colaborativa, polo que se manteñen conversacións frecuentes con comunidades, gobernos e outros grupos para valorar como se pode traballar de forma conxunta para combater estas ameazas. Somos Máis, unha iniciativa que se enmarca dentro da iniciativa global YouTube Creators for Change, é un exemplo delo.

Tendo en conta que se cargan 480 horas de vídeo por minuto en YouTube, é imposible previsualizar todo ese contido antes de que estea dispoñible na plataforma. O método máis efectivo é apelar á comunidade de máis de mil millóns de usuarios e contar con eles para denunciar o contido que consideren que viola as normas da comunidade. YouTube revisa o máis rápido posible os vídeos denunciados e, se acha evidencias de que violan as políticas, elimínaos decontado.

Existe un código moi estrito no que a publicidade se refire e pódese deixar de servir publicidade nun determinado vídeo ou canle se se considera que o seu contido non é apropiado para os nosos anunciantes.

Acerca do discurso do odio

Difusión de expresións que propugnen, promovan ou fomenten o menosprezo, o odio ou a difamación dunha persoa ou grupo de persoas, así como calquera acoso, insulto ou ameaza por parte dunha persoa ou persoas e calquera xustificación de todas esas formas de expresión baseada, entre outras características persoais, na raza, o color, o idioma, a relixión ou as crenzas, a nacionalidade ou orixe nacional ou étnico, así como a ascendencia, idade, discapacidade, sexo, xénero, identidade de xénero e orientación sexual.

Partindo do obxectivo estratéxico e os fins marcados no PEN-LCRV, a radicalización concíbese como o proceso en virtude do cal un individuo asume un comportamento, idea ou opinión con carácter radical, extremista ou inflexible, o que implica afianzarse nunha postura extrema ou intolerante. Desta forma, por radicalización violenta, debemos entender que se trata do fenómeno polo que os individuos se adhiren a opinións, puntos de vista e ideas que xustifican utilitaria e moralmente a violencia, podéndoos levar a cometer actos terroristas, tal e como recolle a definición adoptada pola Comisión Europea no ano 2005.

Cando os usuarios observen este tipo de comportamentos deben denuncialos. En primeira instancia, deben notificar a existencia de contido inapropiado para que se poida someter a revisión. No caso de YouTube é moi sinxelo denunciar o contido.
Neste marco, convén lembrar que a Comisión Europea firmou un código de conduta con empresas das tecnoloxías da información e da comunicación (YouTube, Microsoft, Facebook e Twitter) para combater a narrativa terrorista e o discurso do odio en Internet, fomentando unha visión crítica dos cidadáns contra o extremismo, especialmente entre os mozos.

O proceso para denunciar este tipo de contidos en YouTube descríbese nesta ligazón. No caso doutras plataformas, adoitan contar cos seus propios mecanismos de denuncia.

Participantes na iniciativa